S.O.S. SAN FRANCISCO: no digas que no te importa

Únete a la lucha y colabora con tu firma para solicitar el desbloqueo judicial de las obras y que se abra al público de forma inmediata. Contacta con nosotros en asociacionciudadanalpd@gmail.com y 'préstanos' tu firma.

jueves, 12 de febrero de 2009

NOSOTROS CON EL ATENEO

Estimado/a socio/a do Ateneo de Ourense:

Desde este magnífico vehículo de comunicación que é Internet, como Presidente en funcións deste Ateneo de Ourense, desexo saudalo/a de verdade e de corazón, como cada día facemos coas persoas que apreciamos. Ao mesmo tempo, desexo iniciar un contacto que ten como finalidade informarlle dalgunhas novidades que estamos implantando neste novo ano de 2009

En primeiro lugar informarlle de que o pasado catro de Decembro mantivemos unha importante reunión con representantes da Delegación Provincial da Conselleríla de Cultura dá Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello de Ourense, para tratar a situación actual do Ateneo. Quedamos satisfeitos dela, por canto alcanzáronse algúns compromisos de importancia que incidirán positivamente na programación cultural desta Entidade, para este ano 2009.

Tamén desexo informarlle da nosa preocupación pola progresiva perda de socios da entidade, que fundamentalmente nos deixan por imperativos de idade que lles impide seguir frecuentando a Entidade. A nosa preocupación aumenta ao observar que non nos chegan solicitudes de altas de socios novos e adultos que entren para suplilos, e este feito xa está repercutindo no dinamismo da entidade, na súa proxección social, e no prestixio e influencia que este Ateneo de Ourense nos tiña acostumados.

Unha liña de acción que considero adecuada para invertir esta tendencia ao descenso de socios, é ir a procura de outros novos que desexen contribuír connosco á rehabilitación do prestixio e dinamismo da institución, e a un incremento das actividades culturais na sede da Entidade cultural.

Este é principal motivo polo que acudo a vostede, amigo socio, para que me axude a levara a cabo esta imprescindible campaña de adscrición de novos socios ao Ateneo. Penso que para ter éxito neste proxecto, a sua colaboración nos é imprescindible, pois, ¿Quen non conta con un amigo que tamén queira, como vostede, ser socio do Ateneo como vostede?

Máis que nunca o Ateneo necesita da súa colaboración para o éxito deste proxecto que iniciamos con este escrito que lle dirixo persoalmente, ao que seguirá outro ao cerre desta campaña de captación de socios para telo informado do resultado.

Esta colaboración que lle solicito consiste básicamente en proponer a algún/s amigo/s ou coñecido/s, que cubran a folla de inscripción de socio deste Ateneo e nola entregue na secretaría do Ateneo, ou a remitan ao seguinte e-mail da Entidade que é: ateneo.deourense@gmail.com


A continuación paso a lembralle algunhas ventaxas que ten facer parte deste colectivo de ateneístas, que de cando en vez non esta demais relembrar. Entre aquelas a destacar están:
· Ter acceso á sede do ateneo e ter dereito a usar a diario as súas instalacións entre as 10,00 h. e as 22,00 horas.

· Ter dereito acceder á hemeroteca e servirse das obras. Vídeos e DVDs de arte, música, cine, outras variadas series de documentos, en número superior aos 3000.

· Ter dereito a usar a sala de prensa e consultar a prensa diaria integrada por unha ducia de revistas e xornais de nivel, provincial, autonómico e estatal

· Ter dereito a usar a biblioteca e o seu mobiliario para a realización cómoda de lecturas, preparación de intervención en debates, reunións, traballos de investigación, e dos programas de oposicións e concursos.

· Ter, ademais, á súa disposición durante todo o día, unha ampla e cómoda cafetería cunha carta de prezos significativamente máis baixos que os que rexen nas cafeterías da cidade, e unhas espléndida panorámica sobre os espazos máis frecuentados da cidade como: o parque de San Lázaro, Subdelegación do Goberno, Xardín xaponés rúas do Paseo, Curros Enríquez, e Xaquín Lorenzo.

· Posibilidade de incluírse nos programas de saídas culturais que organiza o Ateneo a nivel urbano de cidade, nivel provincial, autonómico, nacional e internacional. A este respecto, xa se ten programado algunha visita cultural e seguiremos programadas ás capitais das catro provincias galegas, así como a Portugal e outros lugares destacados polo seu patrimonio cultural.

· Tamén poderá servirse do correo electrónico e a nova páxina Web do Ateneo de Ourense para transmitirnos as súas suxestións e consellos para a mellor xestión da Entidade, así como as súas achegas aos debates públicos, seminarios, e outros eventos que se desenvolven no salón de actos da Entidade



Pero se aínda as lembradas non fosen razóns suficientes para incorporar como socio do Ateneo o seu amigo, expréselle a conveniencia da sua incorporación para esta nova fase do Ateneo, na que estamos convencidos de poder dar un novo impulso renovador a Entidade, que vai permitir elevar este Ateneo de Ourense a vella cota de prestixio e influencia que debe recuperar nesta sociedade postmoderna actual.

Sen outras novas, polo momento, aproveito para agracecerlle esta colaboración que vai prestar ao Ateneo, que redundará no desexado incremento de socios que permitan a rehabilitación cultural, e, tamén, a autofinanciación da Entidade, imprescindible para poder mantelo aberto ao servicio dos asociados durante todo o día, e todos os días da semana.

J.Antonio Fidalgo Santamariña
(Presidente en funcións)


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todos los comentarios serán bien recibidos. Sólamente aquellos con insultos, difamaciones o de mal gusto serán eliminados del blog. Por favor, moderen el lenguaje y revisen sus entradas antes de publicarlas. Gracias.